Benvidos/as a GNU Solfege

O Solfege é un programa libre de adestramento auditivo. O programa forma parte do Proxecto GNU. Consulte « Recursos en liña » para máis información sobre as listas de correo e de onde descargar o Solfege.

Seleccione un exercicio do menú para comezar a práctica ou prema en aquí para ler o manual de usuario.

Unha das ideas deste programa é que vostede poida estendelo sen ter que profundizar no código fonte. No caso de que quixese practicar con algún acorde especial ou co ditado de música que non estea incluída, pode escribir os ficheiros de lección e incluílos nun subdirectorio lessonfiles/ no seu directorio $HOME. Se vostede pensa que creou uns ficheiros bos de lección, debería considerar o feito de compartilos enviándoos ás listas de correo, desta forma poderanse incluír na seguinte versión deste programa.