Índice, índice analítico ou bibliografía

Insire un índice analítico ou un índice na posición actual do cursor Para editar un índice analítico ou un índice , coloque o cursor no índice ou táboa de contidos, e a seguir escollaInserir - Índice e índice analítico - Índice, índice analítico ou bibliografía.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Índice e índice analítico - Índice, índice analítico ou bibliografía


Nesta caixa de diálogo tamén pode previsualizar o índice ou táboa.

Dependendo do tipo de índice ou táboa que seleccione, están presentes os seguintes separadores.

Tipo

Use esta guía para especificar e establecer o tipo de índice que desexa inserir. Tamén pode crear índices personalizados.

Entradas (índice)

Indique o formato das entradas do índice analítico ou táboa. A aparencia desta lapela cambia para reflectir o título de índice que se seleccione na lapela Tipo.

Outros

Pode asignar diferentes estilos de parágrafos para modificar o formato de títulos, separadores e entradas de índice. Nesta caixa de diálogo tamén é posíbel modificar os estilos de parágrafo.

Columnas

Especifica o número de columnas e o esquema de columna dun estilo de páxina, marco ou sección.

Utilice este separador para especificar o deseño de columna para o índice ou táboa. De forma predefinida, o título do índice posúe a largura dunha columna e comeza na marxe esquerda da páxina.

Desagrupar

Permite definir a cor de fondo ou gráfico.

Utilización de táboas de contido e índices