Esta é unha páxina de axuda xenérica para todos os exercicios escritos do módulo de exercicios de acorde
. Estes exercicios poden preguntarlle ao usuario tres cousas: tipo de acorde, inversión e ton máis agudo. A idea é que vostede responda en tres pasos:
Identifique o tipo de acorde.
Que inversión é esta?
Cal é o ton máis agudo do acorde?
É importante que lle dedique o tempo que precise, que entoe o acorde e que identifique o tipo de acorde antes de tratar de atopar a inversión.
Teña en conta que é posíbel que algún exercicio lle pregunte só polo tipo de acorde e a inversión, ou só a inversión e o ton máis agudo.